A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, participaron hoxe no acto celebrado no Liceo de Ourense
A Xunta entrega o premio Galicia de Acción Voluntaria 2022 á Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras
Con este galardón ponse en valor o traballo de sensibilización e de apoio que realiza esta entidade para que as persoas con algunha destas patoloxías poidan ter unha vida activa
Ourense, 20 de maio de 2023 A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, puxo hoxe en valor o traballo solidario que realizan as entidades de voluntariado, das que sinalou que son un exemplo de compromiso coa mellora da sociedade e da contorna na que desenvolven a súa actividade. Díxoo na entrega do premio Galicia de Acción Voluntaria 2022 na categoría de mellor proxecto á Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermidades Raras (Aodemper).
Os premios Galicia de Acción Voluntaria naceron no ano 2020 para premiar a colaboración e o altruísmo que amosan entidades e persoas voluntarias. Así mesmo, con estes galardóns dáse visibilidade e recoñécese todo o traballo de voluntariado que se fai na nosa Comunidade.