A Xunta destaca o traballo que realiza Aspace Galicia para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2023 O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, puxo hoxe en valor o traballo que realiza a Asociación de Atención a Persoas con Parálise Cerebral (Aspace) de Galicia para mellorar a calidade de vida destas persoas e das súas familias. Díxoo no IV Encontro de Familias Aspace, que se desenvolveu ao longo desta xornada na capital galega.

Jacobo Rey salientou que as familias son as grandes impulsoras dos avances no ámbito da atención á discapacidade. A todas elas, garantiulles o apoio da Xunta para, da man das entidades, seguir construíndo unha sociedade cada vez máis integradora.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/05/2023