A Xunta participa nos actos do Día Mundial da Diversidade Cultural organizados polo Padroado Concepción Arenal

Ferrol, 20 de maio de 2023 O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu hoxe aos actos organizados polo Padroado Concepción Arenal de Ferrol para conmemorar o Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento. Esta xornada desenvolveuse baixo o título ‘IV Ollada Migrante’ na sede da Afundación Abanca.

Arturo Parrado valorou a importancia que teñen este tipo de encontros para achegar culturas, tradicións e historias da migración, así como para dar visibilidade a estas persoas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/05/2023