A Xunta defende o labor levado a cabo polas asociacións veciñais a prol da dinamización da vida local

Ourense, 19 de maio de 2023 A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe a asociación de veciños Laxas, nas Curuxeiras, onde destacou o labor desenvolvido polo asociacionismo local a prol da dinamización da vida social.

Natalia Prieto incidiu na necesidade de que as asociacións veciñais, así como as asociacións de mulleres rurais e as comunidades de usuarios de augas coas que colabora a Xunta conten con espazos axeitados para o desenvolvemento das súas actividades. Por iso, referiuse á importancia de que as administracións apoien estes colectivos co obxectivo de mellorar a calidade de vida no eido local ao tempo que se contribúe a consolidar o movemento veciñal.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/05/2023