A Xunta destaca a importancia da auga como elemento que identifica e diferenza a Galicia como destino turístico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participaron na presentación do campionato galego de augas abertas e da travesía a nado “Vila de Tea”
 

Nava Castro sinalou que Galicia é un destino inigualable para o desfrute a través dos diferentes deportes náuticos, tanto no mar como no ríos
 

O secretario xeral para o Deporte destacou os nomes dos seis nadadores galegos que competiron nuns Xogos Olímpicos e mirou cara o futuro con esperanza, destacando a Paula Otero, Carla Carrón ou María de Valdés, que se atopan neste intre na carreira olímpica

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2023

A Xunta destaca a  importancia da auga como un elemento que identifica e diferenza Galicia como destino único e que xoga un papel esencial no desenvolvemento turístico da nosa comunidade. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participaron na presentación do campionato galego de augas abertas e da travesía a nado “Vila de Tea”.

Nava Castro sinalou que Galicia é un destino inigualable para o desfrute do mar a través dos diferentes deportes náuticos, resaltando as instalacións de vangarda que sobresaen tanto en cantidade coma en calidade na nosa comunidade. Así mesmo, Castro fixo fincapé na aposta da Xunta de Galicia pola potenciación e o reforzo do turismo náutico para captar novos mercados e desestacionalizar a demanda.
 
Dende a Xunta de Galicia seguiremos apostando pola calidade e potenciando aquilo que nos fai especiais porque, deste xeito, conseguiremos ofrecer experiencias que soamente se poidan gozar aquí, na nosa comunidade”, concluíu Nava Castro.
 
O secretario xeral para o Deporte destacou os nomes dos seis nadadores galegos que competiron nuns Xogos Olímpicos e mirou cara o futuro con esperanza, destacando a Paula Otero, Carla Carrón ou María de Valdés que se atopan neste momento na carreira olímpica. Ademais, Lete Lasa gabou á natación galega como unha das federacións máis igualitarias cun reparto exacto entre homes e mulleres das súas 5.200 licenzas e valorou a inclusividade da Travesía Vila do Tea, na que xa competiron nadadores con síndrome de Down en 2022.

Data de actualización: 18/05/2023