Fabiola García pon en valor os centros de día para a atención ás persoas maiores

Lousame (A Coruña), 18 de maio de 2022

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou esta tarde o centro de día de atención a maiores do concello de Lousame onde puxo en valor estas instalacións para a atención ás persoas de máis idade. Durante a visita, destacou a calidade da atención que reciben cada día os usuarios deste cetro.  

Fabiola García lembrou a importancia de que as persoas maiores conten con servizos de atención a carón dos seus fogares. Deste xeito, sinalou, ofréceselles a liberdade de decidir onde e como vivir esta etapa das súas vidas ao tempo que están ben atendidos e coidados.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/05/2023