O secretario xeral para o Deporte asiste ao control Xunta de Galicia do módulo cuberto de atletismo do IFEVI no que participaron 200 atletas

Vigo, 17 de maio de 2023

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu na mañá de hoxe ao control de atletismo Xunta de Galicia organizado pola Federación Galega de Atletismo celebrado no módulo cuberto de atletismo do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), inaugurado o pasado 20 de febreiro. 

Este control, que contou con ao redor de 200 participantes, estivo dirixido a atletas de todas as categorías dende sub-10 ata os absolutos con marcas xa homologadas e válidas para o ránking nacional.

Este control ten lugar tan só dúas semanas despois da primeira proba oficial celebrada no IFEVI cando se levou a cabo o control para os atletas sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/05/2023