A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais cara a ría na Parroquia de Baredo, en Baiona

Técnicos do Programa de Control de Vertidos de Augas de Galicia localizaron o foco no marco dunha inspección rutineira
 

Os inspectores da Xunta identificaron a orixe do vertido nunhas instalacións da zona, con deficiencias na canalización do entronque das augas residuais xeradas cara á rede de saneamento municipal, acadando á ría
 

Os técnicos da Xunta verificaron recentemente o cese da contaminación, tras proceder a empresa á substitución do tramo da canalización onde se observou a deficiencia
 

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas e Galicia, eliminou un punto de vertido de augas residuais cara á ría na parroquia de Baredo, no concello de Baiona.

 

Este foco foi localizado no marco das inspeccións rutineiras de seguimento levadas a cabo polos técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, no ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

 

Os técnicos da Xunta identificaron a orixe do punto de vertido nunhas instalacións da zona, identificando deficiencias na canalización do entronque das augas residuais xeradas cara á rede de saneamento municipal, acadando á ría.

 

Ante a deficiencia observada, os técnicos requiríronlle aos responsables da instalación a adopción das medidas correctoras oportunas co obxectivo de emendar ese foco.

 

Os responsables procederon á a substitución do tramo da canalización onde se observou a deficiencia estrutural, emendando deste xeito as achegas irregulares ao dominio público hidráulico, como verificaron os técnicos da Xunta nunha nova inspección.

 
Data de actualización: 18/05/2023