A Xunta destaca o traballo que realiza a entidade Avempo na atención ás persoas con esclerose múltiple

Vigo, 16 de maio de 2023 O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, destacou hoxe o traballo que realiza a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (Avempo). Así o sinalou tras reunirse con responsables desta entidade para coñecer os programas e propostas que teñen en marcha.

González Abeijón considerou fundamental o labor que realiza Avempo para que as persoas que padecen esta enfermidade e as súas familias teñan o apoio e a información que necesitan. Ademais, os usuarios desta asociación acceden a unha atención integral a través dos servizos que ofrece, tales como fisioterapia, logopedia, psicoloxía ou terapia ocupacional, entre outros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/05/2023