Fabiola García visita a parcela na que se construirá a nova residencia de atención á discapacidade de Aspanane

Xove (Lugo), 15 de maio de 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou esta tarde a parcela que o Concello de Xove cedeu á Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro (Aspanane) para a construción dunha residencia de atención á discapacidade. Fabiola García ofreceu á entidade a colaboración da Xunta na entrada en funcionamento deste novo equipamento, como xa fai nos seus centros de día e ocupacional en Viveiro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/05/2023