Nava Castro destaca a importancia de mellorar e revalorizar o patrimonio turístico e etnográfico de Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo unha xuntanza co alcalde pedáneo da Entidade Local Menor de Arcos da Condesa, José Francisco Alonso

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2023 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo unha xuntanza co alcalde pedáneo da Entidade Local Menor de Arcos da Condesa, José Francisco Alonso e posteriormente visitou as melloras levadas a cabo para impulsar e poñer en valor o patrimonio do Camiño de Santiago ao seu paso pola localidade

Segundo explicou Nava Castro, levouse a cabo o proxecto "As Campás do Camiño" co obxectivo de mellorar e revalorizar o patrimonio turístico e etnográfico e o proxecto "Arcos da Condesa: 75 anos no Camiño. Ponte Bonita", para embelecer distintos recursos turísticos e etnográficos desta entidade local.

“Dende o Goberno galego potenciamos iniciativas como as que hoxe nos trae aquí para consolidar a oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da riqueza histórica, cultura, patrimonial e paisaxística da que gozamos en cada recuncho de Galicia”, finalizou a directora de Turismo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/05/2023