O presidente da Xunta participou nos actos de celebración das festas patronais de Santo Isidro Labrador

Rueda destaca a importancia do sector primario e das tradicións do agro que identifican o mellor de Galicia

Fixo un chamamento a seguir facendo as cousas “con sentidiño” e ollando cara o futuro con optimismo

Rois (A Coruña), 15 de maio de 2023

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a importancia do sector primario e das tradicións do agro que identifican o mellor de Galicia. O mandatario autonómico pronunciou estas palabras durante os actos de celebración das festas patronais de Santo Isidro Labrador, na localidade coruñesa de Rois. 

O titular do Goberno galego destacou as bondades deste concello e participou no xantar celebrado con motivo da festividade en honor do patrón do agro. Rueda seguiu con moita atención as homenaxes previas, nas que se fixo un recoñecemento ás persoas centenarias do concello, ao persoal dos centros de saúde e á familia da farmacia Juana María Sosa Ron. 

O presidente da Xunta rematou cun chamamento a seguir facendo as cousas como se fan en Galicia, “con sentidiño” e ollando cara o futuro con optimismo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/05/2023