Diego Calvo participa na segunda edición de "Runki, a carreira dos superheroes"

A Coruña, 13 de maio de 2023 O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou hoxe na segunda edición de Runki, a carreira dos superheroes, organizada pola Fundación ADCAI e Enki. Xa ao remate, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, participará na entrega dos premios.

Diego Calvo sumouse así a esta multitudinaria proba solidaria a prol da visibilidade do deporte adaptado, que reúne colectivos de running adaptado de toda España. A recadación do evento destínase a dúas bolsas para que persoas con diversidade funcional cumpran o seu soño deportivo, como a creación ou mellora de instalacións, adquisición de equipamento ou a asistencia a un evento deportivo nacional ou internacional.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/05/2023