A Xunta destaca a importancia de que as persoas celíacas teñan unha oferta gastronómica variable e segura

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu hoxe á II Feira gastronómica sen gluten organizada por Acega

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2023

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu hoxe á II Feira gastronómica sen gluten que organizou a Asociación de Celíacos de Galicia (Acega) no Hotel Oca Porta do Camiño. Jacobo Rey destacou a importancia do traballo que realiza esta entidade, que conta coa colaboración da Xunta, para que as persoas celíacas teñan acceso a produtos gastronómicos variados e seguros.

 

O evento contou coa participación de diferentes postos de comida sen glute de establecementos de toda a comunidade e dalgunhas marcas comerciais. Ademais, habilitouse unha zona gastronómica para desfrutar dun menú degustación totalmente apto para celíacos e a xornada incluíu actividades de ocio como showcookings, animación infantil ou actuacións musicais.

Data de actualización: 14/05/2023