A Xunta de Galicia colabora coa III Carreira solidaria e inclusiva "Revirando"

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu ao evento, que se desenvolveu na alameda de A Guarda

A Guarda (Pontevedra), 14 de maio de 2023

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu hoxe á celebración da III Carreira Revirando, que tivo como escenario a alameda de A Guarda. Trátase dun evento deportivo e solidario organizado pola ANPA do Colexio Padres Somascos—Fundación Educere e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

Gozález Abeijón salientou a importancia deste tipo de actividades para que a sociedade tome conciencia sobre a necesidade de seguir avanzando cara unha maior inclusión das persoas con discapacidade. Tamén destacou o carácter festivo da xornada, que incluíu ademais actividades de baloncesto adaptado, xadrez, patios lúdicos e sorteos de agasallos para todos os participantes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/05/2023