Fabiola García participa no Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para Autonomía e a Atención á Dependencia

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participou hoxe por videoconferencia na reunión ordinaria do Pleno do Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia (SAAD).

 

Durante a xuntanza abordáronse distintos asuntos, como o acordo marco de cooperación para o financiamento durante este ano 2023 do sistema de atención á dependencia, o establecemento das condicións específicas de acceso á asistencia persoal ou os criterios de distribución de fondos para programas de protección á familia e atención á pobreza infantil, así como para o Plan de Desenvolvemento Xitano. Así mesmo, na reunión tratáronse recomendacións sobre a protección das persoas maiores e vulnerables ante as ondas de calor.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/05/2023