Miranda destaca a labor dos centros galegos de Castela e León na promoción da cultura galega durante a celebración do Día de Galicia nesta comunidade autónoma

Miranda de Ebro (Burgos), 11 de maio de 2023

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe, en Miranda de Ebro, Burgos, á celebración do Día de Galicia en Castela e León onde agradeceu ás entidades galegas o traballo en prol da cultura de Galicia e a promoción da lingua galega, así como o apoio e coidado dos galegos residentes nesta comunidade autónoma.

Ao acto asistiron, ademais do secretario xeral e das autoridades locais, numerosos membros procedentes dos centros galegos de Burgos, Salamanca, a propia Miranda de Ebro e Ponferrada. Os asistentes puideron desfrutar de distintas actuacións como as agrupacións musicais e corais destas catro localidades.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/05/2023