A Xunta destaca o asociacionismo local como principal canle para atender as necesidades veciñais

Ourense, 11 de maio de 2023

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe a asociación de veciños dos pobos da parroquia ourensá de Castro de Beiro, onde destacou o asociacionismo local como principal canle para detectar e atender as necesidades veciñais.

Para Natalia Prieto, o importante traballo que desenvolven estas entidades en estreito contacto coa poboación da súa contorna fai preciso que reciban o máximo apoio das administracións, con medidas específicas. Nesta liña, referiuse á relevancia de dotar de confort os locais nos que desenvolven as súas actividades como espazos sociais e culturais de referencia para a toda a veciñanza. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/05/2023