A Xunta participa na presentación dos actos da 50 edición da Festa da Rosa en Mos que contará coa actuación de David Bustamante

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do concerto que terá lugar neste concello pontevedrés o vindeiro 9 de xuño outubro


Nava Castro incidiu en que a través deste tipo de iniciativas, Galicia convértese nun importante reclamo para os turistas que se achegan á nosa terra grazas a unha oferta turística diferenciada e de calidade
 

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2023

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, presentaron hoxe os actos da Festa da Rosa, que contará coa actuación de David Bustamante o vindeiro venres 9 de xuño no campo de fútbol das Baloutas.

A directora de Turismo de Galicia puxo en valor o evento, incidindo en que a través deste tipo de iniciativas, Galicia convértese nun importante reclamo para os turistas que se achegan á nosa terra grazas a unha oferta turística diferenciada e de calidade.

“Dende a Xunta tivemos moi claro o ano pasado que un dos nosos eixes de actuación sería o de achegar a cultura á xente. E como os resultados foron tan bos, seguimos co mesmo obxectivo”, rematou Nava Castro.

As rosas de Mos serán as protagonistas dende o vindeiro 23 de maio ata o 13 de xuño onde as 10 parroquias do concello se involucran con esta festa. Ademais, haberá xuntanza de palilleiras, festival de corais, teatro e diversos actos deportivos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/05/2023