Martina Aneiros asiste á presentación das novas pezas que a Sociedade Galega de Historia Natural incorpora ao seu museo

Ferrol, 9 de maio de 2023 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta tarde á presentación das novas pezas que a delegación ferrolá da Sociedade Galega de Historia Natural vén de incorporar ao museo que leva o mesmo nome.

Trátase dunha réplica a escala real dunha candorca de preto de seis metros de lonxitude, moldeada a partires dun exemplar de femia abeirado na costa de Burela no 2022 e que se incorporar así á colección de réplicas a escala real de cetáceos coa que conta o Museo de Historia Natural.

Xunto con esta peza presentouse tamén o esqueleto do animal que foi recuperado e preparado polo persoal do museo. O acto enmárcase na programación con motivo do 50 aniversario da entidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/05/2023