A Xunta presenta ao Goberno da Rioxa as instalacións e o funcionamento do centro de emerxencias 112 Galicia

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, recibiu hoxe seu homólogo da Rioxa, Salvador Díez, nun encontro no que puxeron en común os mecanismos de coordinación de emerxencias levados a cabo en ambas as comunidades

A Estrada (Pontevedra), 9 de maio de 2023 O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, recibiu hoxe no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, na Estrada, o director xeral de Emerxencias e Protección Civil do Goberno da Rioxa, Salvador Díez. Na visita estiveron acompañados polo xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo.

O responsable das emerxencias na Rioxa coñeceu a plataforma tecnolóxica que sustenta e dá cobertura a milleiros de chamadas ao día, ademais dos distintos espazos nos que desenvolve o seu labor. O percorrido incluíu tamén o hangar do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (GALI) para coñecer os recursos cos que conta a Axega para a intervención en grandes emerxencias, e que supoñen o reforzo necesario para facer fronte ás esixencias dunha situación crítica.

No encontro, Villanueva e Díez tamén puxeron en común as experiencias canto á xestión e coordinación de emerxencias en ambas as Comunidades.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/05/2023