Fernández-Tapias reafirma o apoio da Xunta aos colectivos de persoas xordas na busca dunha “vida activa saudable” e da “igualdade de oportunidades”

A delegada territorial e o director xeral de Persoas con Discapacidade deron a benvida aos participantes no encontro estatal de persoas maiores sordas
 

“Unha sociedade solidaria, integradora e próspera é aquela que procura garantir a igualdade de oportunidades de todos os seus integrantes”, salientou
 

Vigo, 8 de maio de 2023

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, participaron este luns na recepción aos participantes no encontro estatal de persoas maiores xordas, dentro do programa Imserso-CNSE, que este ano acolle Vigo como sede do evento.

A representante autonómica destacou as achegas do Goberno galego a través da Consellería de Política Social e da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. “Desde a Xunta de Galicia sabedes que contades con todo o noso apoio para conseguir unha sociedade solidaria, integradora e próspera, aquela que procura garantir a igualdade de oportunidades de todos os seus integrantes”, destacou.

O acto de recepción celebrouse coa presenza dun centenar de persoas que durante os vindeiros cinco días percorrerán as Rías Baixas. “Nada mellor que unha boa viaxe para lograr unha vida activa saludable, especialmente despois da época da pandemia en que estivo restrinxida a mobilidade”, apuntou.

Vigo é a base do primeiro dos dous grupos, con cen persoas cada un, que conforman o encontro organizado no marco do programa de vacacións Imserso-CNSE. Durante esta semana realizarán excursións a Cíes, Combarro, Cambados, A Toxa, Ribeira Sacra, Baiona, A Guarda, e Ribadavia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/05/2023