A Xunta celebra coa veciñanza de Castrelo de Miño a Festa do Maior

Castrelo de Miño (Ourense), 6 de maio de 2023

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, animaron hoxe ás persoas maiores de Castrelo de Miño a manterse activos, coidarse e levar hábitos de vida saudables. Fixérono na II Festa do Maior organizada polo Concello e na que tamén participou o alcalde da localidade, Avelino Pazos.

Numerosos veciños do municipio déronse cita neste encontro, que tivo lugar no pavillón deportivo de Astariz e no que desfrutaron dun xantar e dunha xornada de confraternidade.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/05/2023