A Xunta inaugura as xornadas formativas para familias acolledoras do programa Vacacións en paz

Este programa, organizado pola asociación Solidariedade galega co Pobo Saharaui e financiado polo Goberno galego, permite que os rapaces veñan á nosa comunidade durante os meses de verán

Teo (A Coruña), 6 de maio de 2023

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu esta mañá á inauguración das xornadas informativas para familias acolledoras que participan no programa Vacacións en paz, organizado ada ano pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e financiado pola Xunta.  

Este programa permite que os rapaces, de entre 6 e 14 anos, desfruten dunhas semanas na nosa comunidade nunha familia de acollida. Neste sentido, Jacobo Rey destacou o valor desta iniciativa para evitar o impacto sobre estes rapaces das altas temperaturas que se dan durante os meses de verán no campamento de refuxiados de Tindouf, en Alxeria, lugar de onde proceden todos eles.

Ademais, o director xeral agradeceu a implicación das familias galegas por demostrar que Galicia é un pobo solidario que sempre está disposto a axudar ás persoas en situación de vulnerabilidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/05/2023