Conde destaca a capacidade da novela histórica para adentrarse nas raíces da cultura política europea

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na presentación do libro ‘El ascenso de Pericles’, da escritora luguesa Olga Romay

Madrid, 6 de maio de 2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe na librería Taiga de Madrid na presentación do libro El ascenso de Pericles, da escritora luguesa Olga Romay.

Na súa intervención, Conde salientou que, con tres libros xa no seu haber, Romay ten unha gran capacidade para novelar a historia antiga e achegar ao lector á Atenas de Pericles para poder así adentrase nas raíces da cultura política europea e a orixe do que hoxe se entende por democracia, relendo a historia para trasladala á época actual.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/05/2023