Preto de 40 centros educativos intercambiarán boas prácticas docentes ao abeiro do programa "Observa_acción"

A Xunta impulsa esta iniciativa para fomentar o desenvolvemento das Competencias Profesionais Docentes e a aprendizaxe conxunta entre profesores

Favorécese o traballo en equipo do profesorado con intereses compartidos e mesmo se abre a porta á colaboración con centros doutras CCAA ou países

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2023 Un total de 36 centros educativos galegos intercambiarán boas prácticas docentes ao abeiro da segunda fase do programa Observa_Acción, convocado pola Xunta para fomentar o desenvolvemento das Competencias Profesionais Docentes e a aprendizaxe conxunta entre os profesores.

En concreto, o intercambio permite experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa nos centros, ao tempo que se facilita aos docentes a posibilidade de observar de forma directa metodoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe, xeitos de relación e comunicación ou vías de xestión dos recursos propios e alleos que desenvolven outros centros.  Así mesmo, favorécese o traballo en equipo do profesorado con intereses compartidos e mesmo se abre a porta á colaboración con centros doutras comunidades autónomas ou países.

Nesta segunda fase, que se desenvolverá ata xuño, cada centro ten outro asignado co que intercambiará experiencias durante un máximo de dous días, mentres actuará como mentor e observador, compartindo, colaborando, reflexionando, observando e formándose mutuamente. O equipo implicado estará integrado por un representante do equipo directivo formando parte dun grupo de entre tres a cinco docentes que realizarán unha visita a outro centro educativo para observar a súa práctica profesional e implicarse nun diálogo que contribúa á mellora das súas capacidades. Esta fase será xestionada polo equipo directivo e coordinada polo Centro de Formación e Recursos correspondente á súa zona.

Os centros seleccionados son os reflectidos na seguinte táboa:

Provincia
Concello
Centro
A Coruña
A Coruña
Escola Oficial de Idiomas da Coruña
A Coruña
A Coruña
CEIP Emilia Pardo Bazán
A Coruña
Ames
IES Plurilingüe de Ames
A Coruña
Arteixo
 CEIP Ponte dos Brozos
A Coruña
Betanzos
IES Francisco Aguiar
A Coruña
Boiro
IES Plurilingüe A Cachada
A Coruña
Cerceda
CPI Plurilingüe O Cruce
A Coruña
Cerceda
CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro
A Coruña
Fene
CEIP Plurilingüe de Centieiras
A Coruña
Ferrol
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
A Coruña
Ferrol
IES Sofía Casanova
A Coruña
Ferrol
CEIP Plurilingüe A Laxe
A Coruña
Monfero
CPI Plurilingüe Virxe da Cela
A Coruña
Oroso
CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
A Coruña
Outes
CEIP Plurilingüe de Outes
A Coruña
Padrón
CEIP Flavia
A Coruña
Porto do Son
CEIP Plurilingüe de Sobrado-Nebra
A Coruña
Santiago de Compostela
IES Arcebispo Xelmírez II
Lugo
Burela
IES Monte Castelo
Lugo
Monforte de Lemos
IES Río Cabe
Lugo
Sarria
IES Xograr Afonso Gómez de Sarria
Ourense
Celanova
IES Celanova Celso Emilio Fereiro
Ourense
Viana do Bolo
IES Carlos Casares
Ourense
Vilamarín
IES de Vilamarín
Pontevedra
Cerdedo-Cotobade
CEIP Plurilingüe de Tenorio
Pontevedra
Marín
CEIP de Ardán
Pontevedra
Marín
CEIP Plurilingüe da Laxe
Pontevedra
Moraña
CPI Plurilingüe Santa Lucía
Pontevedra
Mos
CEIP Mestre Martínez Alonso
Pontevedra
Pontevedra
IES Sánchez Cantón
Pontevedra
Pontevedra
Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra
Pontevedra
Pontevedra
CEIP de Parada-Campañó
Pontevedra
Pontevedra
IES A Xunqueira II
Pontevedra
Vigo
IES Valadares
Pontevedra
Vilaboa
CEP Plurilingüe de Riomaior
Pontevedra
Vilaboa

CRA de Vilaboa Consuelo González Martínez

Catro fases

A primeira fase do programa, desenvolvida no primeiro trimestre do ano, consistiu na observación das prácticas metodolóxicas entre docentes do mesmo centro educativo. A terceira, prevista para o período outubro de 2023–febreiro de 2024, será de colaboración entre diferentes CCAA adheridas ao programa, incluíndo a  recepción dun máximo de cinco docentes, durante un máximo de tres días, a centros doutras comunidades e viceversa para realizar a observación.

Finalmente a cuarta fase, de febreiro a xuño de 2024, será a de internacionalización. Consistirá nunha estadía nun centro educativo dun dos países socios europeos, o que permitirá aos docentes entrar en contacto coa realidade diaria dun sistema educativo nun contexto internacional.

Data de actualización: 06/05/2023