A Xunta inicia as obras de acondicionamento do firme da estrada LU-642 ao paso polo Incio

Esta intervención, que ten como obxectivo reforzar a seguridade viaria, supón un investimento autonómico de preto de 140.000 euros
 

Os traballos desenvolveranse nun treito de 2.620 metros de lonxitude, entre a igrexa de San Pedro Fiz de Hospital e a ponte sobre o río Cabe en Trascastro
 

Para acometer os traballos, habilitaranse carrís alternativos de circulación e sinalización provisional de desvíos, ante posibles interrupcións do tráfico
 

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acaba de iniciar as obras de acondicionamento do firme da estrada LU-642, no concello do Incio.

Esta intervención, que ten como obxectivo reforzar a seguridade viaria, supón un investimento autonómico de preto de 140.000 euros.
 
Os traballos estanse a desenvolver nun treito de 2.620 metros de lonxitude, entre os puntos quilométricos 17+150 e 19+770, entre a igrexa de San Pedro Fiz de Hospital e a ponte sobre o río Cabe en Trascastro.
 
As actuacións consisten na rehabilitación de firme con formigón bituminoso no citado tramo, que presentaba deterioro da capa de rodaxe.
 
Os traballos iniciáronse coa limpeza previa do firme para proceder, seguidamente, ao seu acondicionamento, coa posterior reposición de marcas viarias.
 
Para acometer os traballos, habilitáronse carrís alternativos de circulación e sinalización provisional de desvíos, ante posibles interrupcións do tráfico.
 
A Xunta acometeu en 2018 obras de mellora do aglomerado entre os puntos 0+000 e 8+300 desta vía autonómica.

Data de actualización: 05/05/2023