A Xunta adxudica a redacción do proxecto de acondicionamento de treito antigo da estrada PO-400 no Rodo, no Concello de Crecente

O contrato, adxudicado por máis de 18.000 euros, definirá as actuacións necesarias para intervir no treito antigo de 330 metros situado na marxe esquerda da vía, ao seu paso por este núcleo da parroquia de Albeos

O obxectivo é habilitar unha senda peonil en ambas as marxes do treito antigo, ampliando a plataforma e rehabilitando o firme dos quilométros 26+440 a 26+770

O proxecto incluirá a instalación das redes de servizo de pluviais, abastecemento, electricidade e alumeado
 

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2023  A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por máis de 18.000 € o contrato para a redacción do proxecto de acondicionamento de treito antigo da estrada PO-400, no núcleo do Rodo, no concello de Crecente.

 

O contrato, adxudicado á consultora IN-Cubed Ingeniería, Innovación, investigación, S.L.L. permitirá definir as actuacións necesarias para intervir no treito antigo de 330 metros na marxe esquerda da PO-400, ao seu paso por este núcleo da parroquia de Albeos iniciándose no punto quilométrico 26+440 e finalizando no 26+770.

 

O obxectivo é executar unha senda peonil en ambas as marxes do treito antigo, coas actuacións de ampliación da plataforma que sexan necesarias e a rehabilitación do firme da calzada.

 

No proxecto incluirase a instalación das redes de servizos de pluviais, abastecemento, electricidade e alumeado.

 

Unha vez se conte co proxecto e se executen as obras de acondicionamento correspondentes, a Xunta procederá á aprobación do cambio de titularidade a prol do Concello de Crecente deste treito antigo da PO-400.

Data de actualización: 07/05/2023