A Xunta iniciará esta semana novas actuacións de limpeza e acondicionamento nas marxes de 5 estradas autonómicas

Na provincia de Lugo, as tarefas realizaranse na estrada LU-162, no Valadouro e en Foz, e na vía de altas prestacións que une Monforte de Lemos co Alto do Faro

Na provincia de Ourense, os traballos desenvolveranse na OU-540 ao paso polo municipio de Barbadás; e na OU-536, no concello do Pereiro de Aguiar

Tamén se levarán a cabo intervencións na estrada PO-223, no concello de Pontevedra
 

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2023

A Xunta iniciará esta semana novas actuacións de limpeza e acondicionamento nas marxes de 5 estradas autonómicas.

Na provincia de Lugo, comezaranse novos traballos de limpeza na estrada LU-162, nos concellos do Valadouro e Foz e na vía de altas prestacións que une Monforte de Lemos co Alto do Faro (CG-2.1).

 

Na provincia de Ourense, os traballos desenvolveranse na OU-540 ao paso polo municipio de Barbadás; e na OU-536, no concello do Pereiro de Aguiar.

 

No caso da provincia de Pontevedra, as tarefas levaranse a cabo na estrada PO-223, no concello de Pontevedra.

Nova encomenda

Estas intervencións están enmarcadas no contrato coa empresa pública Seaga, para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas e a mellora da seguridade viaria. 

As actuacións permitirán a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais na rede viaria autonómica e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/05/2023