A Xunta abre ao tráfico unha das calzadas do viaduto superior do enlace da Vía Ártabra coa N-VI en Iñás, en Oleiros

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2023 A Xunta abriu esta mañá ao tráfico unha das calzadas do viaduto superior do enlace da Vía Ártabra coa N-VI en Iñás, no concello de Oleiros.

Estas obras reanudáronse en xuño do pasado ano para concluír o enlace a tres niveis previsto no proxecto de conexión da Vía Ártabra coa AP-9 para rematar este treito da conexión coa estrada nacional.

A Xunta traballa co obxectivo de acabar a finais de maio a parte principal da obra viaria, poñendo xa en servizo de modo completo tanto a glorieta como o paso superior.

A configuración final do enlace, cun nivel superior para a N-VI con 4 carrís de circulación, un nivel intermedio con forma de glorieta e un nivel inferior para darlle continuidade á Vía Ártabra, quedará rematado previsiblemente en xuño e preparado para a súa prolongación futura cara a AP-9.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/05/2023