A Xunta destaca a importancia de traballar conxuntamente co sector e coas Administracións para converter Galicia nun referente de destino turístico sostible

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto coa directora xerente do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, Paloma Rueda, participaron na apertura da xornada Turismo nas augas internacionais do río Miño: reflexións cara a unha transición sostible

Nava Castro indicou que a calidade e sostibilidade teñen que ser sempre dúas marcas indisociables na oferta turística galega

Santiago de Compostela,  3 de maio de 2023 A Xunta incide na importancia de afianzar á nosa Comunidade nun referente de destino turístico diferenciado, pero sobre todo sostible. “Poder seguir ofertando o turismo de excelencia que están a demandar os consumidores, é unha das premisas do Goberno galego”, indicou Nava Castro.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto coa directora xerente do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, Paloma Rueda, participaron na apertura da xornada Turismo nas augas internacionais do río Miño: reflexións cara a unha transición sostible, onde Nava Castro indicou que calidade e sostibilidade teñen que ser sempre dúas marcas indisociables na oferta turística galega

Segundo indicou Nava Castro na súa intervención, “este fin de semana puidemos ver lugares ateigados de turistas e na Semana Santa tivemos zonas de Galicia que chegaron ao 100 %, estando a media nun 85-90 % de computo global en toda a Comunidade. De aí a importancia de basear o noso modelo turístico cunha xestión completamente sostible”

Desde o Goberno galego apostase por incrementar a calidade nos produtos e os servizos prestados para lograr a diferenciación do destino Galicia, traballando man a man co sector como parte imprescindible deste obxectivo común de converter Galicia en sinónimo de destino de calidade.

“Tendo en conta que o río Miño é un motor da economía na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal cada vez máis afianzado como un destino turístico prioritario tanto a nivel nacional como internacional, temos que entre todos consolidalo como un modelo de turismo responsable e sostible que á súa vez xere novas oportunidades de negocio para o sector turístico”, finalizou a directora de Turismo.

Nava Castro indicou que actualmente, o Camiño Portugués é o que máis crecemento experimentou nos últimos anos, ata converterse en 2019 no itinerario escollido polo 21 % do total dos peregrinos que chegaron a Compostela, o que situou en segundo lugar entre as rutas Xacobeos máis escollidas, seguida do Camiño Portugués pola Costa.

Data de actualización: 03/05/2023