A Xunta de Galicia destaca que a BFAuto é unha plataforma capaz de inxectar innovación, tecnoloxía e talento ao sector da automoción en Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá ao lanzamento da sétima edición

Agradece que, desde a colaboración público-privada, se garantan tres novas convocatorias ata 2026 para impulsar 60 proxectos

Vigo, 3 de maio de 2023 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá en Vigo ao lanzamento da sétima edición da BFAuto da que destacou que se converteu nunha plataforma capaz de inxectar innovación, tecnoloxía e talento ao sector da automoción en Galicia.

Conde subliñou o traballo en equipo que hai tras esta aceleradora e agradeceu que desde esa colaboración público-privada se garantan tres novas convocatorias ata 2026 para impulsar 60 proxectos.

Deste xeito, preténdese seguir acompañando os primeiros pasos de todo proxecto disruptivo que xurda no sector da automoción e a mobilidade en Galicia e seguir ampliando o alcance internacional desta iniciativa. Ademais, búscase dar resposta a retos como as novas formas de mobilidade así como canalizar de xeito máis eficiente os apoios necesarios.

Conde incidiu en que Galicia ten que seguir sendo un referente para o conxunto do sector en España e para iso é necesario seguir apostando pola vía da colaboración e o diálogo e que esta industria poida dispor do marco investidor e enerxético máis propicio para desenvolver os seus plans de futuro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/05/2023