Fabiola García analiza co alcalde de Leiro propostas para mellorar a conciliación das familias
2023-05-02
/documents/35297/40666/230502+leiro+03c.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 2 de maio de 2023 A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, reuniuse esta mañá co alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, para analizar diferentes propostas do rexedor para mellorar a conciliación das familias deste concello ourensán.
O encontro, que se mantivo esta mañá no edificio Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, serviu para poñer en común os servizos que hai en Leiro e en que se pode avanzar para mellorar a vida das familias á hora de compatibilizar o traballo co coidado dos seus fillos.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 02/05/2023