O presidente da Xunta recibiu o equipo no Pazo de Raxoi
Rueda felicita o C.D. Arenteiro polo seu ascenso á Primeira RFEF tras unha excepcional tempada
“Galicia é un grande equipo porque se compón doutros grandes equipos que entre todos facedes esta terra”, salienta o mandatario galego sobre o papel deste club que logrou en novembro a Copa da Federación e agora o ascenso á terceira división nacional
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, felicitou o Club Deportivo Arenteiro polo seu ascenso á Primeira RFEF, terceira categoría nacional, tras unha “excepcional tempada”. O titular do Goberno galego, acompañado polo vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; e polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, deulle os parabéns por este logro ao equipo do Carballiño ao que recibiu no Pazo de Raxoi.