Miranda destaca o traballo do Centro Gallego de Mallorca pola galeguidade durante a inauguración da súa nova sede

O secretario xeral da Emigración asistiu á inauguración da nova sede da entidade que conta con máis instalacións que permitirán dinamizar as actividades e atraer á colectividade galega máis nova da illa

Palma de Mallorca, 30 de abril de 2023. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu na tarde de onte, á inauguración da nova sede do Centro Gallego de Mallorca, que abre as súas portas na rúa Carrer de Covadonga. O responsable autonómico destacou o traballo realizado polos socios e a directiva do centro en prol da galeguidade durante todos estes anos.

Esta entidade galega naceu en 1986, co obxectivo de ser unha prolongación de Galicia en Mallorca, irmandando aos galegos con esta illa, así como apoiar e axudar a colectividade en todo o preciso, e promocionar o galego e a nosa cultura nesta comunidade autónoma. Na actualidade conta cun número total de socios que supera os dous centenares.

A actual sede conta con diferentes estancias, contando cunha zona para actividades ao aire libre de xeito que se podan dinamizar os eventos e atraer á entidade á colectividade galega máis nova da illa.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/04/2023