Diego Calvo asiste á Gala anual da Fundación Galega contra o Narcotráfico

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2023

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta tarde á XX edición da gala anual da Fundación Galega contra o Narcotráfico (FGCN) durante a que se entregaron os Premios Nécora de Ouro que recoñecen o traballo de persoas e entidades na loita contra o narcotráfico e as drogodependencias.

Diego Calvo fixo entrega do galardón a Antonio Martínez Duarte, comisario xefe da Brigada Central de Estupefacientes da Policía Nacional, un dos homenaxeados desta edición xunto coa Sociedade Europea para a Investigación en Prevención e o xornalista José Antonio Pérez Docampo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/04/2023