A Xunta apoia os xogos autonómicos de campo a través e petanca organizados por Special Olympics Galicia

Sarria (Lugo), 29 de abril de 2023

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu hoxe á inauguración dos XXVI Xogos Autonómicos de campo a través e petanca de Special Olympics Galicia. Estas competicións desenvólvense ao longo desta xornada no campo de rugby e no pavillón municipal de Sarria.  

 

González Abeijón fixo fincapé na importancia que ten o deporte como vehículo para favorecer a autoestima, a capacidade de superación, as relacións sociais e a plena inclusión. Ademais, destacou o traballo que realiza neste eido os 365 días do ano e a pé de campo Special Olympics Galicia.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/04/2023