A Xunta adxudica por máis de 208.000 € as obras de mellora da eficiencia enerxética de 11 vivendas de promoción pública en Carballeda de Avia

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2023

A Xunta de Galicia adxudicou esta semana por un importe de 208.725 euros, IVE incluído, as obras de reforma para a mellora da eficiencia enerxética de 11 vivendas de promoción pública (VPP) localizadas no municipio ourensán de Carballeda de Avia.

A execución correrá a cargo da UTE Arco Labora Servizos de la Construcción SLU–Hondigo SLU, que resultou adxudicataria do contrato e disporá dun prazo de seis meses para completar as referidas obras.

En concreto, os traballos consistirán na adición de illante térmico polo exterior (fachada SATE) co fin de mellorar a eficiencia enerxética deste conxunto de VPP, que se distribúen en tres bloques de 3, 4 e 4 vivendas acaroadas, respectivamente. Con estas obras a etiqueta enerxética das vivendas subirá dúas letras, de E a D.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/04/2023