A Xunta avoga no encontro de mulleres das Illas Cíes pola unión do movemento feminino contra a violencia de xénero e a defensa da igualdade

Vigo, 29 de abril de 2023

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, participaron hoxe na terceira edición das xornadas de convivencia nas illas Cíes organizadas pola Asociación de mulleres do concellos de Mos, Melón e Avión a favor da loita contra a violencia de xénero e a defensa da igualdade entre mulleres e homes.

 

A iniciativa, na que participaron preto de 500 mulleres, ten como obxectivo a prevención e erradicación da violencia de xénero, así como a posta en valor da importancia do papel da muller na sociedade.

 

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, destacou a importancia de traballar pola promoción da igualdade con iniciativas coma esta, e salientou o peso do movemento asociativo feminino en Galicia. Lado, pola súa banda, avogou pola formación e polo impulso do emprendemento entre as mulleres para eliminar as discriminacións por razóns de xénero.

 
Data de actualización: 29/04/2023