A directora xeral de Innovación Educativa salienta o papel da biblioteca do colexio Santa Rita de Viveiro a prol da aprendizaxe inclusiva e de calidade

Viveiro (Lugo), 28 de abril de 2023 A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou hoxe o colexio público CEIP Plurilingüe Santa Rita de Viveiro para coñecer de primeira man o traballo que desenvolve a súa biblioteca. A representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades salientou o labor que se leva a cabo neste espazo de lectura a prol dunha aprendizaxe innovadora, inclusiva e de calidade.

Non en balde esta biblioteca forma parte desde hai anos do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta, e tamén está integrada no programa de Lectura e Familias. Ademais, froito do seu dinamismo, foron convidados a participar no Programa de Lectura, Información e Aprendizaxe LÍA.3 da Xunta para avanzar nun modelo de biblioteca escolar deseñada como laboratorio creativo de aprendizaxes aberto a toda a comunidade escolar.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/04/2023