A directora de Augas de Galicia defende a importancia das técnicas de drenaxe urbana sostible na xestión dos organismos de conca

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2023 A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, xunto co reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e a directora da Escola de Camiños, Canais e Portos da UDC, Isabel Martínez, clausurou esta mañá a ‘Xornada redSUDS 2023. Os SUDS e a renaturalización da cidade’, na que se abordaron os sistemas urbanos de drenaxe sostible.

No acto celebrado na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, no Campus de Elviña, a directora de Augas de Galicia defendeu a importancia das técnicas de drenaxe urbana sostible na xestión dos organismos de conca, así como a necesidade de traballar en avances normativos que impulsen a obrigación de apostar pola implementación destas técnicas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/04/2023