Miranda mantivo un encontro co cónsul xeral do Uruguai en Galicia de cara a manter a colaboración entre ambas institucións

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2023 O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo na mañá de hoxe un encontro co cónsul xeral do Uruguai en Galicia, Ramiro Rodríguez Bausero, de cara a manter a colaboración entre ambas institucións.

Nestes intres, no Uruguai viven máis de 40.000 galegos, moitos deles xa descendentes. O secretario xeral trasladoulle o interese da Xunta de Galicia pola colectividade galega neste país do Río da Prata,  traballando tanto para favorecer a súa situación como para apoiar a aqueles retornados do país do Cono Sur na súa chegada a Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/04/2023