Galicia rexistra un total de 951 casos activos por coronavirus

Un total de 693.658 pacientes xa están curados


A día de hoxe hai 822 pacientes en seguimento nos seus domicilios
 

O Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos
 

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2023

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 951, deles 183 son da área da Coruña, 118 da de Lugo, 133 da de Ourense, 104 da de Pontevedra, 171 da área de Vigo, 163 da de Santiago e 78 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 6 están na UCI, 123 en unidades de hospitalización e 822 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 693.658 persoas curadas, rexistrándose 4.132 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 24 de abril:

Home de 91 anos, na área sanitaria de Ourensa, Verín e O Barco de Valdeorras.

Home de 74 anos, na área sanitaria da Santiago e Barbanza.

Home de 87 anos, na área sanitaria de Ourensa, Verín e O Barco de Valdeorras.

Home de 92 anos, na área sanitaria de Ourensa, Verín e O Barco de Valdeorras.

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 4.072.257.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.645.502.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Uso do 061 para casos graves e emerxencias

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves. Ademais, o Sergas ten a súa disposición a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Declaración responsable de autotest positivo e uso das máscaras

As persoas que obteñan un resultado positivo tras a realización dun autotest poderán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde. Así, poderán facelo a través da aplicación SergasMóbil.

Así mesmo, lémbrase o carácter obrigatorio do uso da máscara en determinados espazos interiores, como son os centros, servizos e establecementos sanitarios; as oficinas de farmacia, e no caso dos profesionais e visitantes dos centros sociosanitarios.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/04/2023