Miranda asina un acordo de colaboración coa Asociación Rioplatenses de Lugo para reforzar a atención aos galegos retornados nesta provincia

Rioplatentes súmase o labor de información e asesoramento aos retornados que leva tamén a cabo a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno situada na Delegación da Xunta en Lugo

A administración autonómica colabora con esta asociación a través dun acordo de 10.000 euros anuais
 

Lugo, 25 de abril de 2023

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asinou, en compaña do delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, na Sala Muralla do edificio institucional da Xunta na capital da provincia, un acordo de colaboración coa presidenta da Asociación de Rioplatenses de Lugo, Ana María Bereciartúa Gasparini, que permite a esta entidade continuar a atender aos galegos retornados nesta provincia, aportándolles asesoramento e información.

Deste xeito, a Xunta de Galicia alíase coa Asociación de Riplatenses de Lugo coa aportación de 10.000 euros anuais que permite a realización de diversas iniciativas que teñen como finalidade apoiar no que precisen estes retornados, de cara a facilitar a súa integración na nosa sociedade. O Goberno galego axuda así a reforzar o labor desta asociación na acollida ao colectivo de retornados, cada vez máis numeroso en Galicia.

A Asociación de Rioplatenses de Lugo está a traballar na actualidade con retornados procedentes de todos os países do mundo. O seu labor complementa o traballo desenvolvido pola Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno da Secretaría Xeral da Emigración  que se atopa na Delegación da Xunta en Lugo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/04/2023