Galicia rexistra un total de 959 casos activos por coronavirus

Un total de 693.592 pacientes xa están curados
 

A día de hoxe hai 822 pacientes en seguimento nos seus domicilios
 

O Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos
 

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2023

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 959, deles 181 son da área da Coruña, 125 da de Lugo, 146 da de Ourense, 103 da de Pontevedra, 163 da área de Vigo, 157 da de Santiago e 83 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 6 están na UCI, 131 en unidades de hospitalización e 822 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 693.592 persoas curadas, rexistrándose 4.128 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 22 de abril:

Muller de 96 anos, na área sanitaria de Vigo.

Día 23 de abril:

Home de 83 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 4.071.808 e o número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 7.645.392.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente. 

Uso do 061 para casos graves e emerxencias

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves. Ademais, o Sergas ten a súa disposición a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar a información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Declaración responsable de autotest positivo e uso das máscaras

As persoas que obteñan un resultado positivo tras a realización dun autotest poderán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde. Así, poderán facelo a través da aplicación SergasMóbil.

Así mesmo, lémbrase o carácter obrigatorio do uso da máscara en determinados espazos interiores, como son os centros, servizos e establecementos sanitarios; as oficinas de farmacia, e no caso dos profesionais e visitantes dos centros sociosanitarios.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/04/2023