Román Rodríguez felicita o Centro Público Integrado Cova Terreña polos seus 50 anos de servizo educativo en Baiona

Baiona (Pontevedra), 21 de abril de 2023 O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe nos actos do 50 aniversario do Centro Público Integrado Cova Terreña de Baiona, ao que felicitou polas súas “cinco décadas de constancia, fortaleza e un afán permanente de mellora no servizo educativo”.

O titular do departamento educativo do Goberno galego agradeceu o labor de todos os docentes e equipos directivos que pasaron polo colexio ao longo da súa historia, “sempre apostando pola calidade, pola equidade e pola excelencia académica, cun programa educativo extraordinario e exemplar que ten gañado en innovación e inclusión co paso do tempo”. “Desde a Xunta confiamos en seguir traballando con todos vós para seguir potenciando e proxectando este centro e reforzar así o seu papel determinante na educación baionesa e, por extensión, na galega”, rematou.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/04/2023