A Xunta licita por máis de 290.000 € a redacción do Plan para a creación do parque empresarial de Louredo, nos concellos de Mos e Redondela

O futuro polígono desenvolverase nun ámbito de preto de 480.000 metros cadrados

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2023 A Xunta de Galicia acaba de licitar por un importe de máis de 290.000 euros a redacción do Plan estruturante de ordenación de solo empresarial (PEOSE) para a creación do parque empresarial de Louredo, nos concellos pontevedreses de Mos e Redondela.

A empresa pública Xestur publicou onte na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación do contrato para a redacción do referido instrumento. Os interesados teñen ata o 29 de maio para presentar as súas ofertas e a empresa adxudicataria disporá dun prazo de cinco meses para a presentación do borrador do plan, así como a documentación necesaria para iniciar a súa tramitación ambiental.

Prevese que o novo parque empresarial localizado entre os municipios de Mos e Redondela ocupe unha superficie de preto de 480.000 metros cadrados.

Data de actualización: 21/04/2023