A Xunta recibe 9 ofertas para o reforzo do firme en 3 estradas autonómicas na provincia da Coruña, que suporán un investimento de máis de 2,6 M€

Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas AC-231, AC-400 e AC-552, que discorren polos concellos de Curtis, Sobrado, Aranga, Cambre, Culleredo, Cerceda, A Coruña, Arteixo, A Laracha e Carballo

Os traballos consistirán en realizar fresados e reposicións con mestura bituminosa en quente, ademais da renovación da sinalización horizontal, e contan cun prazo de execución de 6 meses

A Xunta continúa traballando na mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2023 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de recibir as ofertas de nove empresas para executar as obras de mellora do firme en 3 estradas autonómicas na área da Coruña, que suporán un investimento de máis de 2,6 M€.

O obxectivo é rehabilitar o firme en varios treitos das estradas autonómicas AC-231, AC-400 e AC-552, que discorren polos concellos de Curtis, Sobrado, Aranga, Cambre, Culleredo, Cerceda, A Coruña, Arteixo, A Laracha e Carballo. Os traballos contan cun prazo de execución de 6 meses.

As actuacións obxecto deste contrato centraranse en realizar fresados localizados nos treitos de actuación e na reposición con mestura bituminosa en quente, segundo as necesidades concretas das vías obxecto destas intervencións. 

As intervencións completaranse co pintado da sinalización horizontal dos treitos de actuación de todas as estradas e os treitos de barreira de seguridade que sexa preciso.

A Xunta continúa traballando na mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/04/2023