Nava Castro participa na presentación do libro Religious Pilgrimages in the Mediterranean World

O libro analiza as peregrinacións desde o século XVI ata a actualidade, recollendo as liñas de investigación recentes sobre as peregrinacións

Conta con 200 páxinas que reflicten investigacións dende unha visión integral e interdisciplinar das peregrinacións cristiáns, xudías e musulmás no Mediterráneo

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2023 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro participou hoxe na presentación do libro “Religious Pilgrimages in the Mediterranean World”, unha obra que conta con 200 páxinas que reflicten investigacións cunha visión integral e interdisciplinar das peregrinacións no Mediterráneo. 

A directora de Turismo destacou que “a presentación dun novo libro sempre é un motivo de alegría, máis aínda cando falamos dun libro que analiza as peregrinacións desde o século XVI ata a actualidade, recollendo liñas de investigación sobre as peregrinacións cristiáns, xudías e musulmás no mar Mediterráneo”. 

O libro analiza as peregrinacións desde o século XVI ata a actualidade, recollendo as liñas de investigación recentes sobre as peregrinacións nos tres grandes sistemas relixiosos monoteístas presentes na conca do mar Mediterráneo, é dicir, das peregrinaxes cristiás, xudeus e musulmáns.  

Así mesmo, en “Religious Pilgrimages in the Mediterranean World”, trátanse cuestións emerxentes como a interacción existente entre as peregrinacións e o turismo ou, no caso concreto de Israel, as relacións entre as peregrinacións e o nacionalismo sociocultural e político.

A obra conta coa participación de destacados especialistas do ámbito académico europeo e norteamericano, como Raymond A. Mentzer, da Universidade de Iowa (Estados Unidos), Jackie Feldman e Kobi Cohen-Hattab, de Universidades de Israel e do editor da obra, o científico do CSIC Antón Pazos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/04/2023