Trenor anima a participar na carreira solidaria Runki que terá lugar o 14 de maio

A Coruña, 17 de abril de 2023

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na presentación da carreira RUNKI —Carreira do superheroes— que terá lugar o próximo 14 de maio polas rúas da cidade da Coruña.

Trenor destacou que todos os superheroes participantes teñen por unha diante unha carreira divertida e solidaria para mostrar o poder da unidade para loitar pola inclusión social de persoas con diversidade funcional.
 
RUNKI, organizada pola Fundación Abrente-ENKI e Adcai, é unha carreira con dous percorridos únicos: un de 7 quilómetros e outro de 2 quilómetros, con animación e música durante todo o percorrido. A diversión está garantida neste evento deportivo único en España, no que o único requisito é correr disfrazado de superheroe.
 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/04/2023